Esta caixiña será para o primeiro ribasilense do 2019
eu fago labores
domingo, 27 de enero de 2019
martes, 29 de mayo de 2018
miércoles, 14 de febrero de 2018
WOMAN'S CURVY CROCHET COWL PULLOVER
Este vai ser o meu novo proxecto, que vou facer con lá Drops Eskimo na cor 09 Borgoña claro que vou comprar en Amalalana : https://www.amalalana.es
jueves, 16 de noviembre de 2017
viernes, 10 de noviembre de 2017
Poncho
A idea, inicialmente, era facer algo similar a isto:
Algo de axuda para empezar:
Para rematar, neste vídeo explican como unir o punto bobo
E...velaquí as primeiros fotos do meu colo\poncho rematado!!
Pero, atopei estoutra posibilidade con punto marexada, que tamén me encanta:
Algo de axuda para empezar:
Para rematar, neste vídeo explican como unir o punto bobo
E...velaquí as primeiros fotos do meu colo\poncho rematado!!
MANDIL CRUZADO DE PIPPI
O luns pasado estiven no Faladoiro en Sober e pensei unirme a actividade que están cosendo últimamente, un mandil. Cavilei que había un modelo que me gustaba que é sen atar, con dous tirantes cruzados, vaia, o da serie aquela sueca "Pippi Langstrumpf"
Versión "sobria":
Versión oeste americano:
Atopei dous posibles xeitos de facelo:
A ver que tal me queda!
martes, 7 de noviembre de 2017
Drops Spring Lane: a miña versión rematada ó fin!
Hai meses que comecei este CAL e fun facendo as etapas máis ou menos ó tempo que as ían publicando, pero cando chegou a última, pareceume que a sobrecama quedaba algo pequecha, así que engadín dúas fileiras de cadriños ós lados e fixen unha ourela máis larga e velaquí como quedou :
Rescato eiquí dúas palabriñas que recordo escoitarlle ós meus avós: ourela ( Nena, vai pola ourela do camiño, que hai moito bulleiro!) e sobrecama ( Compreiche en Sober esta sobrecama para poñela os días de festa )
lunes, 16 de enero de 2017
miércoles, 7 de septiembre de 2016
PONCHO PARA O INVERNO
Este é o meu próximo proxecto, tamén con materiais de Drops, dun dos catálogos de patróns para o inverno 2016-2017. Xa teño a lá necesaria e as agullas. A lá compreina en amalalana.es e as agullas circulares en Senshoku. A lá ten un tacto e un aspecto marabilloso!!!
Como non teño moita experiencia no tema da calceta, aparte el patrón da web Drops, precisei axuda de vídeos e manuais on line. Por exemplo, de Soywolly.
domingo, 31 de julio de 2016
CHAL DE PRIMAVEIRA
A primavera xa rematou, pero estes días decidín por fin comezar a crochetear 2 chales que xa hai uns anos lle gustaron á mina primiña favorita, e ando neso. Velaquí unhas fotiños
* OS MATERIAIS: Algodón Drops Paris, do fabricante Drops Design que comprei en amalalana.es
* OS MATERIAIS: Algodón Drops Paris, do fabricante Drops Design que comprei en amalalana.es
Seguín o patrón en español e, coa axuda dos vídeos que proporcionan na web, este é o resultado:
Gustoume moito este material e non me pareceu moi complexo de realizar. O que menos me gustou ( pero pásame con tódalas labores que fago ) foi agochar os fíos e os nós polo revés. Para isto resultoume moi útil un dos vídeos que xuntan ao patrón.
Notas:
- Eu tiven q usar un gancho do 3'5 para que me quedara do tamaño axeitado, porque parece q ue tendo a traballar algo frouxo.
- Teríame chegado cun novelo menos (dos que indican no patrón ) das cores verde menta e melocotón,
viernes, 29 de julio de 2016
ALFOMBRA DE TRAPILLO
Estou a facer unha nova alfombra para o meu baño, baseándome neste patrón de Susimiu
A miña leva outras cores e engadinlle unhas voltas extra para que fose un pouquiño maior.
viernes, 8 de julio de 2016
jueves, 14 de abril de 2016
O COBERTOR DE ANXO
Para facela, baseeime nas indicacións de Attic24. Foi moi doada de facer, pero levoume bastante tempo porque a fixen tamaño xigante.
Xa é a segunda que fago usando este modelo ( a outra ). Mudei as cores e os grosores e non lle puxen pompóns!
jueves, 5 de febrero de 2015
BOLSO DE TRAPILLO CON BASE DE TELA
Este bolso que teño no meu Pinterest, deume a idea de reciclar un bolso bastante maliño que viña cunha revista
viernes, 23 de enero de 2015
lunes, 1 de diciembre de 2014
martes, 12 de agosto de 2014
CESTO EN DÚAS CORES
Hoxe pola tarde rematei este cesto que fixen baseándome neste vídeo . Eu fíxeno máis grande, con sete voltas na base e logo fun facendo un punto "diferente" para darlle outro aire. Nada complicado, punto sí e punto non, no canto de picares no oco correspondente facíao no oco da volta anterior de xeito que o punto queda máis longo. Cando cambiei de cor, saltaba dúas voltas máis abaixo.
Tamén hai un tutorial con fotos ( e texto en xaponés ) neste enlace
domingo, 27 de julio de 2014
domingo, 22 de junio de 2014
O BOLSO PARA BELÉN
Este bolso ( cando o teña rematado de todo ) vai ir cara Vigo a ver se pilla algo na praia coa miña prima Belén. Gustaralle ? (^_^)
viernes, 23 de mayo de 2014
LUIS DAVILA
Hai unhas semanas puiden asistir a un espectáculo no que Luis Davila participaba debuxando en directo e paseino tan ben que me veu á memoria esta tira cómica que fai referencia á paixón (ás veces esaxerada) que algunhas persoas sentimos polo croché, o punto ou calquera outra das labores de man
lunes, 19 de mayo de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)