As ideas que atopei aquí para reciclar recipientes plásticos poñéndolle unhas asiñas de crochet son estupendas. Mirade qué idea para gardar xoguetes ou chícharos ou o que se nos pase pola cabeza! Para facer os buratos cómpre un sacabocados ou unha taladradora
jueves, 16 de enero de 2014
viernes, 10 de enero de 2014
AQUELA COLCHA GRANNY
Hai dous anos comezei unha colcha granny coas cores que pensaba que lle ían ben ao meu sofá e púxenme a facer cadriños e cadriños, pero non sei que pasa que me cansei deseguida e agora retomeina no Nadal e avancei un pouco para volvela deixar sen rematar de todo. Fíxenlle unhas fotos co móbil que vou poñer a pesares de que non reproducen moi ben as cores. Son estas:
jueves, 9 de enero de 2014
PROXECTOS DE BOLSOS DE TRAPILLO
TUTORIAL PARA BOLSO TUBULAR EN : http://artecogancho.blogspot.com.es/2012/02/como-hacer-un-bolso-cilindrico-de.html
OUTRO TUTORIAL EN : http://nellavaligiadellaburu.blogspot.com.br/2012/05/tutorial-free-per-borse-in-fettuccia.html
BOLSO CON BOCA METÁLICA
Hai dous meses, miña filla pediume que lle cortara uns pantalóns e, coa tela sobrante, e a axuda dalgunhas ideas de aquí e acolá na web, por fin dei feito un bolsiño que quedou así :
miércoles, 8 de enero de 2014
BUFANDA PIANO
Hoxe mesmo vou comezar a facer unha bufanda piano para Anxo, que é o pianista da casa. Comprei catro novelos de lá acrílica.
Teño localizados un blogue e un vídeo que penso que me van resultar de utilidade para a tarefa. O blog ten un tutorial sobre a realización
e o vídeo explica o xeito de facer cambios de cores sen que se note moito :
Teño localizados un blogue e un vídeo que penso que me van resultar de utilidade para a tarefa. O blog ten un tutorial sobre a realización
e o vídeo explica o xeito de facer cambios de cores sen que se note moito :
viernes, 3 de enero de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)